No sur da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña, atópase o Concello de Vilasantar. Conserva este lugar, cheo de prados e carballeiras, numerosos restos arqueolóxicos como son mámoas, castros e ata un campamento romano (O Campamento Romano da Ciadella).

Destaca tamén o patrimonio arquitectónico coma, por exemplo e Igrexa de San Pedro de Mezonzo. Neste fermoso Concello está a Vivenda Comunitaria de Vilasantar. Para nós unha casa de aldea na que conviven 12 persoas.

Somos unha gran familia que compartimos moitos grandes momentos nos que todos colaboramos, tanto asando sardiñas no San Xoán como plantando leitugas, tomates e pementos na nosa horta.